Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa comezará en breve a recollida de plásticos derivados da actividade agrícola polas parroquias. Este servizo achegarase a todas as parroquias para facer a recollida, polo que todos aqueles veciños que teñan plástico e queiran desfacerse deles deben estar á hora indicada no lugar sinalado para cada parroquia. Só se poderán depositar plásticos procedentes da actividade agrícola ( en ningún caso rodas, bidóns nin outros similares). Así mesmo, o Concello recalca que os plástico deben presentarse limpos e atados para facilitar as labores de retirada.

O servizo de recollida pasará a recoller os plásticos nos días, horas e lugares que se
sinalan deseguido:
LUNS, 17 DE OUTUBRO
9:00 horas: BOENTE, no tramo da carretera antiga en Boente de Abaixo
9:30 horas: FIGUEIROA, no Curro
10:00 horas: A CASTAÑEDA, no campo da festa
10:0 0 horas: A CASTAÑEDA, no campo da festada festa
11:30 horas: MAROXO, no campo da festa
12:00 horas: BRANDESO, no campo da festa
12:30 horas: VIÑÓS, no campo da festa
13:00 horas: TRONCEDA, xunto á escola
13:30 horas: DOMBODÁN, no campo da festa
MARTES, 18 DE OUTUBRO
9:00 horas: BRANZÁ, xunto á Igrexa
10:00 horas: PANTIÑOBRE, ao carón da escola
11:30 horas: LEMA, no campo da festa
12:00 horas: RENDAL, no campo da festa
12:30 horas: A MELLA, detrás do local social
13:30 horas: VILADAVIL, xunto a pista polideportiva
MÉRCORES, 19 DE OUTUBRO
9:00 horas: SANTA MARÍA, no cruce de Seixas
9:30 horas: SANTO ESTEVO, xunto á igrexa
11:00 horas: SAN MARTIÑO, no campo da festa
12:30 horas: OÍNS, no campo da festa
13:00 horas: DODRO, xunto á igrexa
13:30 horas: BURRES, ao carón da escola
"Prégase colaboración por parte dos veciños e veciñas respectando os horarios de recollida e depositando exclusivamente o plástico derivado da súa actividade agrícola e gandeira", resalta o Concello.
Comments