top of page

O Concello de Arzúa lanza a campaña "En galego, sen límites!" para promover o uso do galego

Reparte manteis coa mensaxe "En galego, sabe mellor" entre os establecementos de hostalaría da vila

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, comprometido coa promoción e normalización do galego, lanza a campaña "En galego, sen límites!", unha iniciativa que ten como obxectivo normalizar o uso da nosa lingua en amplos sectores sociais. Con esta campaña, a Concellería de Igualdade quere iniciar a primeira de moitas accións para fortalecer o uso do galego no día a día das arzuás e arzuáns. 

ree

Unha aposta polo galego todos os días do ano

A Concelleira de Igualdade, Lucía López, subliñou a importancia de defender o galego todos os días do ano. "Normalizar o uso do galego é fundamental para preservar e fortalecer a nosa identidade cultural. Queremos que o galego sexa a lingua de comunicación habitual en todos os ámbitos da vida social en Arzúa", destacou.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

En galego, sabe mellor

No marco desta campaña, o Concello está a repartir manteis coa mensaxe "En galego, sabe mellor" entre os establecementos de hostalaría da vila. O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, explicou que esta acción ten un obxectivo claro: "Arzúa recibe centos de peregrinos todos os días que teñen que saber que na Galiza temos un idioma propio. Queremos que sintan a riqueza cultural e lingüística de Galicia dende o primeiro momento".


Un compromiso transversal

O uso do galego será un eixe transversal a todas as políticas do grupo de goberno, implicando a todos os sectores sociais e económicos da vila. Con este enfoque, o Concello de Arzúa busca consolidar o galego como parte esencial da vida diaria e institucional.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Convite á mobilización

O Concello de Arzúa anima a toda a veciñanza a participar na mobilización convocada este 17 de maio en Santiago de Compostela pola plataforma Queremos Galego, composta por máis de 500 entidades sociais e culturais do país, que traballan na defensa da normalización do galego. "A participación cidadá é clave para avanzar cara á plena normalización do galego", engadiu Lucía López.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page