top of page

O Concello de Arzúa intensifica os contactos para sumar apoios institucionais para a Festa do Queixo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa continúa a traballar para acadar máis apoios institucionais de cara á celebración da 50ª edición da Festa do Queixo, prevista para o ano 2025. A axenda de contactos comezou hai uns meses coa visita á Deputación da Coruña e á Consellería de Cultura, e onte avanzou cun novo encontro coa Consellería do Medio Rural.

O alcalde Xoán Xesús Carill mantivo un encontro coa conselleira de Medio Rural, Mª José Gómez, e co director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Martím Alemparte, no que trasladou o modelo de festa que se quere impulsar, co foco na DOP Arzúa-Ulloa como eixo vertebrador dunha celebración que combina tradición e innovación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde, Xoán Xesús Carill, subliñou a relevancia desta edición especial coas seguintes palabras. "A Festa do Queixo é un símbolo de identidade para Arzúa e para Galiza. Moi poucas festas de Galiza poden presumir de medio século de exaltación dun produto. Esta 50ª edición será unha oportunidade única para consolidar a nosa feira como un referente no ámbito cultural e gastronómico, potenciando o queixo como o referente da excelencia produtiva da nosa terra. A 50ª edición da Festa do Queixo será un recoñecemento ao traballo e á excelencia dos nosos sectores produtivos e unha homenaxe a Arzúa como epicentro do sector agroalimentario galego."

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page