top of page

O Concello de Arzúa informa que está aberta a convocatoria de emprego do programa PEL

Inclúe catro prazas de peóns de servizos municipais e unha praza de auxiliar de biblioteca


Laura Moure/Arzúa

Concello de Arzúa informa de que desde o mércores 10 de abril, a veciñanza xa pode anotarse na nova convocatoria de emprego municipal, ao abeiro do programa PEL Concellos 2025 da Deputación da Coruña. O prazo estará aberto ata o martes 16 de abril (inclusive). A convocatoria inclúe catro prazas de peóns de servizos municipais e unha praza de auxiliar de biblioteca. A oferta está dirixida a persoas en situación de desemprego e pertencentes a colectivos con maiores dificultades de inserción laboral. Os contratos serán de duración determinada e a tempo parcial (29 horas semanais): cinco meses no caso dos peóns e tres meses para o posto de auxiliar de biblioteca.

O obxectivo da convocatoria é fomentar o emprego e reforzar os servizos públicos esenciais, como a limpeza viaria, a recollida de residuos e o apoio á biblioteca municipal. A selección realizarase por concurso no caso dos peóns e por concurso-oposición no caso do posto de auxiliar.


As persoas interesadas deberán cumprir cos requisitos establecidos nas bases, entre eles estar inscritas como demandantes de emprego e atoparse nalgunha das situacións de exclusión laboral ou social recollidas na convocatoria (mulleres, maiores de 45 anos, desempregados de longa duración, etc.).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A documentación poderá presentarse tanto no Rexistro do Concello de Arzúa como a través da sede electrónica municipal: https://sede.concellodearzua.com


"Esta nova convocatoria reafirma o compromiso do goberno local coa promoción do emprego digno e a atención ás persoas que máis o precisan. Non se trata só de crear postos de traballo, senón de poñer os recursos públicos ao servizo da inclusión social e da mellora dos servizos municipais. ”, destaca o alcalde, Xoán Xesús Carril.


Desde o Concello de Arzúa convidan á veciñanza a informarse e participar deste proceso, lembrando que toda a información e as bases están dispoñibles na sede electrónica municipal e que poden achegarse ata o Concello para solicitar axuda ou máis información.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page