top of page

O Concello de Arzúa fai entrega a Amarai do premio de 1500 euros da campaña de Ecoembes


Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, fixo entrega á Asociación AMARAI do premio de 1.500 euros recibido pola campaña “Recicla e únete ao reto!” posta en marcha por Ecoembes en colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

“A campaña “Recicla e Únete ao reto!” consistiu en intentar superar as achegas ao contedor amarelo. No caso de Arzúa, desde o ano 2018 as achegas ao contedor amarelo aumentáronse en perto do 90%, pasando dos 40.000 quilogramos recollidos no 2018 aos máis de 76.000 quilogramos que se recolleron no ano 2022”, explicou Daniel Moscoso, concelleiro de Medio Ambiente e Benestar Animal.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Moscoso sinalou que “esta é a senda que debe seguir o concello de Arzúa, aumentando o compromiso social coa reciclaxe e o coidado do medio ambiente. O compromiso do novo goberno municipal de Arzúa con esta cuestión é total,” explicou o edil.


“O premio contemplaba a entrega a unha causa social, desde o Concello de Arzúa escolleuse á Asociación AMARAI, polo labor tan importante que desenvolve no noso concello e no conxunto da comarca, a prol da inclusión das persoas con discapacidade” explicou o mandatario.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Na entrega do premio participaron, ademais do alcalde, o presidente de AMARAI, José Luís Costoya, o concelleiro de Medio Ambiente e Benestar Animal, Daniel Moscoso, e o representante de Ecoembes, Bruno de LLano.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page