top of page

O Concello de Arzúa está a traballar na ampliación da instalación de fibra óptica

Laura Moure/Arzúa

Os concelleiros de Arzúa Daniel Moscoso e Mari Carmen Torreiro mantiveron unha reunión de traballo cun responsable de Rede Aberta, empresa adicada ao despregamento de redes de fibra óptica neutra (a empregada por distintos operadores) con respecto á extensión de fibra polas zonas do concello de Arzúa que aínda non teñen este servizo.

Os edís responsables analizaron a información con Rede Aberta, onde se amosou un adianto das zonas do municipio por onde se vai ampliar a fibra. "Somos conscientes de que non se vai cubrir a totalidade do concello, pero en seguintes fases continuarase estendendo a fibra ata alcanzar todos os lugares."


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“Actuarase nas parroquias de Dodro, O Couto de Oíns, Santo Estevo do Campo, San Martiño de Calvos e Viñós. Nesta 1ª fase, Rede Aberta non vai poder chegar a todos os lugares destas parroquias, pero dende o concello intentaremos, con orzamento propio, continuar ampliando,” salienta Daniel Moscoso concelleiro de Facenda e Contratación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Programaremos xuntanzas informativas da man de Rede Aberta para que a veciñanza das parroquias que entren nesta primeira fase teña toda a información e poidan esclarecer as súas dúbidas sobre este asunto,” explica Carmen Torreiro, concelleira de Atención ás parroquias.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page