O Concello de Arzúa demanda melloras cruciais nunha reunión con Augas de Galiza
- ecosdacomarca
- 19 jul 2024
- 2 Min. de lectura
Entre os temas tratados destacan a limpeza e drenaxe dos ríos, a ampliación da traída de augas ou a recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo, no río Viso
Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa mantivo unha produtiva reunión con Augas de Galiza para abordar varios proxectos de mellora que beneficiarán este concello. Entre os temas tratados destacan a limpeza e drenaxe dos ríos do concello, a ampliación da traída deaugas en Arzúa, e a recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo, no río Viso.

A primeira das demandas trasladadas foi a limpeza e drenaxe dos ríos do concello,centrando os esforzos na zona de baño de Ribadiso. Esta medida melloraría a calidade da auga e garantiría un espazo limpo e seguro para o desfrute de toda aveciñanza e visitantes.
Ampliación da traída de augas
Outro punto chave da reunión foi a ampliación da traída de augas en Arzúa. Este proxectoé fundamental para garantir un abastecemento adecuado e sostible a toda apoboación, mellorando así a calidade de vida da veciñanza e fortalecendo a infraestrutura hídrica do concello.
Publicidade
Recuperación da pasarela peonil do Rego de Abaixo
"Ademais, trasladamos que era urxente a recuperación da pasarela peonil do Rego deAbaixo, no río Viso. Esta actuación é esencial para mellorar a conectividade e seguridade das e dos peóns, facilitando o acceso e transitabilidade na zona".
"A veciñanza de Arzúa paga un canon de 78.000 euros anuais a Augas de Galiza. Non queremos poñer en cuestión a necesidade de pagar dito canon, nin o traballo de xestións que fai Augas de Galiza, que entendemos como imprescindíbel. Mais con esta reunión si quixemos aproveitar para incidir naqueles puntos e actuacións que pensamos máis benefician ao noso concello e, polo tanto, máis benefician ao día a día da veciñanza de Arzúa, e que son accións que hai que desenvolver canto antes. Entendemos polo tanto que o canon que pagamos todas as arzuás e arzuáns ten que repercutir en mellorar o noso día a día," destacou o alcalde, Xoán Xesús Carril ao remate da reunión.
Comments