top of page

O Concello de Arzúa dá a coñecer o cartel e a imaxe gráfica da 50ª edición da Festa do Queixo

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Foron deseñados polo arzuán Daniel Camino


Laura Moure/IsmaelRS/Arzúa

A Queixería Barral foi o escenario elixido para a presentación dos cinco novos carteis conmemorativos da Festa do Queixo de Arzúa, un evento emblemático que celebra este ano o seu 50 aniversario. Os carteis, elaborados cunha técnica de ilustración que utiliza unha paleta de cores vivas, renden homenaxe ás mulleres queixeiras e a todas as persoas que, desde as súas orixes, traballaron pola festa e o recoñecemento do queixo de Arzúa

ou participaron dela.

A presentación tivo lugar onte na Queixería Barral. Autor: Ecos da Comarca.
A presentación tivo lugar onte na Queixería Barral. Autor: ECOS DA COMARCA.

O deseñador, o arzuán Daniel Camino, explica que o cartel principal destaca a figura feminina da queixeira, vestida con traxe tradicional e portando un queixo que simboliza o esforzo, a dedicación e o orgullo destas mulleres que foron fundamentais na historia da festa. A imaxe, cargada de simbolismo, pon no centro á muller traballadora, reflectindo o papel crucial que estas figuras desempeñan no ámbito rural e na conservación da tradición queixeira galega.


Un elemento común en todos os carteis é un círculo que aparece no fondo, evocando tanto ao sol como ao queixo. Este círculo non só representa a enerxía vital que se transmite na festa, senón que tamén é unha homenaxe aos fundadores e a todas as persoas que fixeron posible que a Festa do Queixo perdurase durante medio século. É

unha forma de render tributo ás xeracións pasadas, presentes e futuras que continúan

facendo crecer a tradición do queixo en Galicia.


Publicidade  

A inspiración visual dos carteis provén da obra de recoñecidos artistas galegos como Luis Seoane, Maruxa Mallo e Xosé Vizoso, cuxas influencias se reflicten no uso de cores brillantes e trazos marcados que evocan o dinamismo e a riqueza cultural de Galicia. A

tipografía seleccionada tamén se basea no legado das letras galegas tradicionais,

lembrando os trazos de Castelao, a forza gráfica de Sargadelos de Díaz Pardo e o

deseño contemporáneo de Rubén Prol, fusionando o pasado e o presente nun estilo

visual único e contemporáneo.


Cada un dos cinco carteis honra a diferentes grupos da comunidade: as produtoras de queixo, as artistas, os visitantes, as traballadoras e os traballadores, e as xeracións que

foron parte activa da celebración. Con estes carteis, o Concello de Arzúa quere transmitir unha mensaxe de respecto pola tradición, a cultura e o esforzo colectivo que converteu á Festa do queixo nunha das festividades máis importantes de Galicia.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Interviron:

• Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa

• Lucía López, concelleira de Igualdade e Normalización linguística

• Daniel Camino, deseñador gráfico, autor da identidade corporativa e da nova

marca da festa do queixo.

Ao remate tivo lugar unha degustación de queixo DOP Arzúa-Ulloa.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page