top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Arzúa dá a coñecer a programación de actividades do Día do Comercio Local 2024

Celebrarse o domingo 8 de decembro e xa hai 29 establecementos confirmados


Laura Moure/Arzúa

A Concellaría de Turismo, Promoción económica e Acción Urbana do Concello de Arzúa continúa coa organización do Día do Comercio Local que se celebrará o vindeiro domingo, día 8 de decembro. Unha vez confirmada a participación de 29 establecementos, o Concello deu a coñecer este mércores nunha reunión mantida cos participantes o programa de actividades deseñado para esta xornada.


O técnico de Cultura, Marcos Pampín, informou ás persoas asistentes da programación de actividades artellada para esta edición e de todas as novidades preparadas para esta ocasión. Así, aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal, o Concello organiza varias actividades na rúa que se poderán desfrutar de xeito gratuíto durante todo o evento e tamén nos días previos.

O programa de actos comezará o día 5 de decembro coa apertura dun Carrusel que estará instalado na Praza de Galiza e que, na súa primeira xornada, estará operativo de 16:00 a 21:00 horas. Os días 6, 7 e 8 abrirá en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Para subir ao Carrusel será necesario presentar un tícket que se poderá conseguir por mercas nos establecementos participantes dende o luns día 2. Por cada 10 euros de merca, recibirás un tícket.


Durante a tarde do 8 de decembro tamén haberá diferentes inchables para público infantil, así como xogos e obradoiros para todos os públicos. Estas actividades terán lugar na Praza de Galiza en horario de 16:00 a 20:00 horas.


Publicidade

Para animar a xornada actuará a Charanga Santa Compaña de xeito itinerante na praza e polas rúas da vila a partir das 17:30 horas e a Rondalla Moraima fará unha ruta polos locais hostaleiros participantes a partir das 19:30 horas acompañando así a ruta de tapas.

Paralelamente, durante toda a xornada, os comercios inscritos ofrecerán descontos de ata o 70%, sorteos, agasallos e ofertas especiais en locais de todo tipo como zapaterías, tendas de roupa, librarías ou xoierías, entre outros.


A concelleira responsable da área de promoción económica, Begoña Balado, manifesta que “desde o goberno local quéreselle dar continuidade a este evento e impulsalo dotándoo de máis orzamento e con novas propostas arredor del”. Tamén lles quixo transmitir que se está a traballar “en novas iniciativas de dinamización comercial e de apoio ao comercio de proximidade con diferentes accións a desenvolver no vindeiro Nadal e no próximo ano”. Ademais, Balado escoitou as ideas, inquedanzas e propostas dos presentes na xuntanza.


0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page