top of page

O Concello de Arzúa convoca un encontro aberto para asegurar o futuro do CSD Arzúa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Será na Aula CeMIT do Concello o luns 17 de febreiro


Ecos da Comarca/Arzúa

O CSD Arzúa atópase nun momento de cambio tras a decisión da súa actual directiva de deixar o cargo, sen que, polo de agora, exista unha alternativa que asuma a xestión do club. Conscientes da importancia desta entidade deportiva para o municipio, o Concello de Arzúa, a través da Concellería de Deporte, aposta por abrir un espazo de diálogo e traballo colectivo que permita atopar solucións e asegurar a continuidade do proxecto.

Foto

Por este motivo, convócase un encontro aberto á veciñanza, socios e persoas interesadas, que terá lugar na Aula CeMIT do Concello de Arzúa, o luns 17 de febreiro ás 20:00 horas. O obxectivo desta reunión é poñer en común a situación, escoitar propostas e facilitar a participación de todas as persoas que queiran contribuír ao futuro do CSD Arzúa.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Concello de Arzúa valora o CSD Arzúa como un elemento clave do deporte municipal, con impacto social e comunitario máis alá da competición. Por iso, desde a Concellería de Deporte traballarase para facilitar este proceso e apoiar as iniciativas que xurdan da propia veciñanza.


Fai un chamamento á participación de todas as persoas que sintan o CSD Arzúa como parte do seu patrimonio deportivo e social, coa certeza de que o esforzo conxunto será clave para atopar a mellor solución.

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Concellería de Deporte do Concello de Arzúa.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page