top of page

O Concello de Arzúa convoca axudas para a celebración de festas parroquiais no municipio

O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 10 de outubro de 2025


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 18.900 euros. O importe de cada subvención será de 900 euros por anualidade e parroquia.

Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. O extracto da convocatoria saíu publicado no BOP número 174 do pasado venres, 12 de setembro.


Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional, sendo clave as festas parroquiais. Procede polo tanto fomentar e incentivar a celebración das mesmas, e para isto o Concello de Arzúa colabora economicamente coas diferentes entidades organizadoras.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello. O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 10 de outubro de 2025 ás 23:59 horas.


Tanto as bases da convocatoria como os formularios necesarios para a solicitude están a disposición das persoas interesadas na páxina web www.arzua.gal e na Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page