Laura Moure/Arzúa
O Concello de Arzúa informa que o Goberno Local deste Concello aprobou as bases reguladoras das axudas a entidades sen ánimo de lucro para a celebración das festas parroquiais que ascenden a 16.800 euros. O importe de cada subvención será de 800 euros por anualidade e parroquia.
Poden optar a elas as entidades sen ánimo de lucro que estean debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e Entidades do Concello de Arzúa. Dita convocatoria saíu publicada no BOP número 148 deste venres, 4 de agosto.
Dende o Concello de Arzúa preténdese apoiar e incentivar a realización de actividades culturais e artísticas vinculadas á cultura popular e tradicional, sendo clave as festas parroquiais. Procede polo tanto fomentar e incentivar a celebración das mesmas, e para isto o Concello de Arzúa colabora economicamente coas diferentes entidades organizadoras.
Publicidade
As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello (sede.concellodearzua.com). O prazo para presentar as solicitudes será dende o día seguinte á publicación do extracto no BOP ata o 31 de agosto de 2023 ás 23:59 horas. Tanto as bases da covocatoria como os formularios necesarios para a solicitude están a disposición das persoas interesadas na páxina web www.arzua.gal e na Oficina de Cultura e Deportes do Concello de Arzúa.
Publicidade
Commentaires