top of page

O Concello de Arzúa contará no 2024 cun programa de intervención psicolóxica con menores vítimas de violencia de xénero

Laura Moure/Arzúa

Froito da participación do Concello de Arzúa na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, o Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa contará durante o ano 2024 cun programa de intervención psicolóxica con nenas e nenos vítimas de violencia de xénero.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os nenos e as nenas son normalmente as vítimas esquecidas neste tipo de conflitos violentos, e os efectos nefastos de dita situación proxéctanse ao longo de toda a vida, se non ofrecemos espazos de reparación e recuperación” sinala Lucía López, concelleira de Igualdade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Para Adrian Gonçalves, director do CIM, “as consecuencias traumáticas da violencia de xénero maniféstanse de forma diferente en función dos factores de risco e de protección de cada neno e nena en particular, xeralmente prodúcense importantes danos psicolóxicos que comprometen o seu adecuado desenvolvemento individual e social.”


Con este programa promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Fundación Meniños, segundo Lucía López, "trátase de axudar a crear espazos de seguridade, atender sintomatoloxías ou recuperar relacións materno-filial, todo para favorecer unha contorna segura para as crianzas e as súas coidadoras”.

Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Para más información sobre o programa pódese contactar co Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa, na Rúa Santiago, 2, ou chamando ao teléfono 981 501 101.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page