O Concello de Arzúa celebrou o Pleno de organización
- ecosdacomarca

- 20 jul 2023
- 1 Min. de lectura
O alcalde, Xoán Xesús Carril, expresa a súa “satisfacción pola constitución dun goberno de unidade, que traballará sen descanso polo benestar da veciñanza de Arzúa”
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa celebrou na tarde de onte o Pleno de organización, no que se puxeron en coñecemento da Corporación as resolucións do alcalde, Xoán Xesús Carril, a respecto da designación de membros da Xunta de Goberno e tenencias de Alcaldía, a determinación das concellarías así como as delegacións en órganos representativos.

Presidirá a Xunta de Goberno o Alcalde, Xoán Xesús Carril, e formarán parte deste órgano José Luís García, 1º Tenente de Alcalde, Begoña Balado, 2ª Tenente de Alcalde, Daniel Moscoso e Miguel Ángel Vallo.
Publicidade
Do mesmo xeito, someteuse tamén á aprobación do Pleno, que deu o seu respaldo unánime, á periodicidade das súas sesións ordinarias, que se celebrarán cada dous meses.
O alcalde de Arzúa expresou a súa “satisfacción pola constitución dun goberno de unidade, que traballará sen descanso polo benestar da veciñanza de Arzúa, con diálogo e transparencia, porque os intereses das nosas veciñas e veciños deben estar sempre por diante de intereses partidarios”.








Comentarios