O Concello de Arzúa aposta pola automatización das pistas de pádel e tenis
- ecosdacomarca

- 26 sept 2025
- 1 Min. de lectura
A iniciativa permitirá simplificar o actual sistema de reservas e facilitar o acceso ás instalacións por parte da veciñanza
Ecos da Comarca/Arzúa
O Concello de Arzúa está a implantar un novo sistema de automatización nas pistas municipais de pádel e tenis. A iniciativa permitirá simplificar o actual sistema de reservas e facilitar o acceso ás instalacións por parte da veciñanza.

O servizo contará cunha app específica, accesible a través dunha pasarela na web municipal arzua.gal. A través dela poderanse realizar as reservas de maneira sinxela e centralizada, sen necesidade de trámites adicionais.
PUBLICIDADE
O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, explicou que “o obxectivo é modernizar as instalacións deportivas municipais e facer máis cómodo o seu uso, reducindo xestións e ofrecendo un servizo adaptado ás necesidades actuais da veciñanza”.
PUBLICIDADE
Unha vez completada a implantación, informarase da posta en funcionamento da aplicación e do novo sistema de acceso ás pistas.








Comentarios