O Concello de Arzúa agasalla 3.000 euros en premios co comercio local
- Laura Moure
- 14 dic 2023
- 2 Min. de lectura
Os participantes deberán realizar compras superiores a 30 euros en calquera establecemento do Centro Comercial Aberto de Arzúa, excepto dos que están excluídos
Laura Moure/Arzúa
A Concellería de Promoción Económica de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, organiza a Campaña do Comercio Local Arzúa o teu mellor agasallo de Nadal en colaboración co Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA) e ABANCA. Trátase dun sorteo de 50 tarxetas con 3000 euros en regalos no que pode participar calquera persoa maior de idade que compre nos comercios e locais de restauración de Arzúa, durante o período da promoción.

Este martes tivo lugar a presentación da iniciativa no Concello de Arzúa a cal asistiron a
concelleira Begoña Balado; Uxío Villar, director da sucursal de ABANCA de Arzúa; Santiago Villanueva, técnico de turismo do Concello de Arzúa e Cristina Carril,
técnica de AECA. Segundo Begoña Balado “é unha forma de dinamizar e poñer en valor o noso comercio local coa intención de seguir reactivándoo no 2024”.
Publicidade
Poderán participar na campaña todas as persoas físicas maiores de idade, que compren calquera produto ou servizo nos comercios e locais de restauración incluídos dentro do Centro Comercial Aberto de Arzúa (AECA), a excepción dos supermercados, farmacias e gasolineiras, os cales quedan excluídos por ser servizos esenciais.
Publicidade
Os participantes deberán realizar compras superiores a 30 euros en calquera establecemento do Centro Comercial Aberto de Arzúa, excepto dos que están excluídos. No tícket, superior a 30 euros, deberán escribir no reverso o seu nome e apelidos, DNI e número de teléfono, con letra clara e lexible.
Publicidade
Os tíckets debidamente cubertos, deberán ser depositados na urna habilitada na
entrada da Casa do Concello, dende o 11 de decembro de 2023 ata o 11 de xaneiro
de 2024. Poderá ser válida a participación da mesma persoa en tantos tíckets como compras realice cumprindo estas bases.
A campaña finaliza co sorteo dos premiados ou premiadas o 17 de xaneiro de 2024 ás 12 horas na Capela da Madanela ante o secretario municipal do Concello ou funcionario municipal.
Comments