top of page

O Concello de Arzúa acollerá una nova edición do programa "Muller Rural Dixital”

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través do seu Centro de Información ás Mulleres, acollerá unha nova edición do programa “Muller Rural Dixital”, que ten por obxectivo formar a mulleres desempregadas ou en mellora de emprego en accións formativas para a adquisición de competencias dixitais.

O Programa, financiado pola Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, procura a mellora das capacidades dixitais das persoas desempregadas para impulsar o emprendemento e o desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os contidos dos cursos, que constan de 3 niveis, atenden ás competencias dixitais recollidas no Marco Europeo de Competencias dixitais para a cidadanía, e se dividen en 5 áreas:


  • Información. Navegación, procura e filtrado de información.

  • Comunicación. Interacción a través de tecnoloxías.

  • Creación de contidos. Desenvolvemento de contidos.

  • Seguridade. Protección de dispositivos.

  • Resolución de problemas.


O curso realizarase na Aula Cemit do Concello de Arzúa en horario de 10:00 a 14:00 horas e ten unha duración total de 120 horas no caso de completar os tres niveis de 40 horas cada un. Ao rematar o curso, outorgarase acreditación oficial e dotarase ás participantes dun terminal dixital; nesta caso, unha tablet con teclado externo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. A inscrición, que é de balde debe formalizarse nesta ligazón.


Para máis información poderase acudir ao Centro de Información ás Mulleres (Rúa Santiago, 2) ou chamar ao teléfono 981 501 101.



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page