top of page

O Concello de Arzúa acaba a mellora integral da rúa Calexa, ampliando o proxecto con fondos propios

Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa, a través da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, informa da finalización e posta en funcionamento das obras de mellora na rúa Calexa, un proxecto que foi ampliado significativamente tras escoitar as necesidades da veciñanza nunha reunión mantida coa comunidade. Inicialmente financiado cunha partida da Deputación Provincial, o Concello decidiu ampliar o alcance da actuación con fondos propios para dar unha resposta máis completa ás demandas cidadás. A obra xá se atopa en funcionamento e nos próximos días completarase coa colocación do mobiliario urbano.

As melloras executadas inclúen:

  • Aparcamento e infraestrutura: Toda a zona de aparcamento foi acondicionada con gabia revestida de formigón e unha completa rede de pluviais baixo o pavimento, con

sumidoiros aproximadamente cada 25-30 metros no lateral dereito (en subida), culminand cun sobrancho en aglomerado.

  • Ampliación superior: Ademais do proxecto base, executouse unha ampliación que

comprende a parte superior das edificacións, tamén con gabia revestida, e o

acondicionamento da zona diante dos edificios, que inclúe un sistema de recollida de

augas pluviais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A concelleira Begoña Balado destacou "o compromiso do goberno local por escoitar a

cidadanía e mellorar a calidade de vida nos nosos espazos urbanos. A ampliación do

proxecto na rúa Calexa, que xa é unha realidade, responde a ese obxectivo de aproveitar e

embelecer o noso entorno para o disfrute de todos os veciños e veciñas".


Con esta intervención, o Concello de Arzúa dota á rúa Calexa dunha infraestrutura moderna, funcional e sostible, mellorando tanto a estética como o servizo para a

comunidade.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page