top of page

O Concello de Arzúa abre o seu proceso de selección de Alcaldesas e Alcaldes Pedáneos

Os interesados terán 10 días naturais dende onte para presentarse


Laura Moure/Arzúa

Dende onte, 28 de agosto, os veciños e veciñas de Arzúa xa poden presentar a súa candidatura para ser alcaldesa ou alcalde pedáneo/a nas 22 parroquias do concello. Este proceso, que permanecerá aberto durante 10 días naturais, ten como finalidade reforzar a comunicación entre o Concello e a veciñanza, así como fomentar a participación veciñal, especialmente nas áreas rurais que se atopan máis afastadas do día a día da vila.

O obxectivo desta iniciativa é garantir que todos os veciños e veciñas, independentemente de onde vivan, teñan a oportunidade de trasladar as súas necesidades e inquedanzas de forma directa a través dun representante escollido democraticamente. Esta nova figura servirá como un enlace máis próximo entre as parroquias e o Concello, permitindo desenvolver políticas máis inclusivas e representativas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destaca a importancia deste proceso. "O noso compromiso é que todos os veciños e veciñas, independentemente da parroquia onde vivan, poidan trasladar as súas necesidades de forma directa. Coa elección das alcaldesas e alcaldes pedáneos, estamos a dar un paso importante para reforzar a colaboración entre o Concello e a veciñanza, facilitando decisións máis próximas, participativas e transparentes. Recoñecemos que, no pasado, a comunicación con certas parroquias puido mellorarse, e este proceso busca precisamente achegar o Concello a esas zonas, que na súa maior parte son núcleos rurais, para responder mellor ás súas necesidades."


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende onte as bases xa están dispoñibles na web do Concello https://arzua.gal/ para que aquelas veciñas e veciños que teñan interese poidan presentarse. "Animamos a todos a consultar a información completa e participar activamente neste proceso para mellorar a representación que teñen as parroquias no concello", subliña o mandatario.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page