top of page

O Concello de Arzúa abre á veciñanza a súa piscina municipal tras realizarlle varias melloras

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será a partir do vindeiro día 25 de xuño


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa abrirá a piscina municipal ao público a partir do vindeiro día 25 de xuño. A apertura da piscina marca o inicio da tempada estival, que agora conta con varias melloras para o desfrute e comodidade de todas as persoas usuarias.

Entre as melloras realizadas destacan:

  • Incorporación de papeleras: Para manter as instalacións limpas e fomentar o coidado do medio ambiente.

  • Quiosco renovado: Substituíronse os materiais plásticos por materiais máis estéticos e comprometidos co medio ambiente, como a madeira.

  • Merenderos de madeira: Espazos cómodos para facilitar comidas e merendas.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.
  • Retirada e substitución de árbores: As árbores que metían moita porquería na piscina foron retiradas e substituídas por outras, mellorando a limpeza do recinto.

  • Nova pérgola: Incorporouse unha pérgola para ofrecer sombra, algo que antes non había, proporcionando un espazo máis agradable para as persoas usuarias.

  • Accións habituais de mantemento: Incluíndo a posta a punto da auga e das instalacións en xeral para garantir unha mellor experiencia para todas as persoas usuarias.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

A piscina estará dispoñible no horario de 12:00 a 20:00 hora de luns a domingo, e invitamos a toda a veciñanza e visitantes a achegarse e gozar destas renovadas instalacións durante a tempada estival.


Xoán Xesús Carril, alcalde de Arzúa, sinala que "estes arranxos son parte do noso compromiso para ofrecer espazos públicos de calidade onde todas e todos poidamos desfrutar do noso tempo libre. Conscientes de que aínda quedan melloras por levar a cabo e que abordaremos cos orzamentos do vindeiro ano, cumprindo co noso compromiso de investir no mantemento e mellora das infraestruturas ano a ano. Esperamos que estas melloras contribúan a facer da piscina municipal de Arzúa un lugar de referencia para o lecer e o deporte entre a nosa veciñanza".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O Concello de Arzúa está comprometido co benestar da súa veciñanza e coa mellora continua das infraestruturas públicas para ofrecer espazos de calidade. A súa misión é promover o desenvolvemento sostible e a conservación do medio ambiente, así como fomentar actividades que melloren a calidade de vida da veciñanza. Con iniciativas constantes e unha atención centrada nas necesidades das súas veciñas e veciños, Arzúa segue traballando por un futuro mellor para todas e todos.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page