top of page

O Concello de Antas Ulla convoca o certame de poesía infantil Nadal 2023

O concurso é á súa vez a fase local dun certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Pública de Lugo, no que participarán as obras gañadoras


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o seu certame de poesía infantil ‘Nadal 2023’. Os poemas, que deberán ter unha temática relacionada con esta época do ano, deberán estar redactados en galego, e contar cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara escrito a ordenador ou con bolígrafo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. Cada unha contará cun lote de material escolar e un diploma para a rapazada premiada. Cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe, con cadansúa folla de datos cumprimentada.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O material deberá ser entregado na propia Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla ata o día 22 de decembro. Os datos identificativos irán nas follas de datos, nunca no traballo presentado.

O xurado, que estará conformado por persoas entendidas na materia, fará públicos os resultados no mes de xaneiro, e os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A Biblioteca Pública de Lugo publicará cada ano un libriño conmemorativo que recollerá os traballos premiados en dito certame, polo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page