top of page

O Concello de Antas lembra que está a disposición dos contaxiados de Covid para o que precisen

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla lembra que está a disposición dos contaxiados por Covid. "Desde o inicio da pandemia o Concello de Antas de Ulla viña facendo un seguimento dos casos positivos da Covid-19 para poder axudar naquilo que fora preciso e coñecer o alcance dos contaxios e as medidas a tomar en cada momento". Pero agora sinala que coa aparición das novas variantes e os formularios de rexistro postos en marcha polas autoridades sanitarias dificulta que se teña un coñecemento en tempo real de todos os positivos, polo que o Concello de Antas de Ulla quere poñerse a disposición de todas as persoas contaxiadas para aquilo que poidan precisar.


Se alguén necesita información ou axuda de calquera tipo pode contactar co Concello de Antas de Ulla a través do teléfono 982 37 92 51.


Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page