top of page

O Concello de Antas lamenta "que a débeda do anterior goberno lle impida o desenvolvemento dun polígono"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O pleno municipal de Antas aprobará hoxe, xoves, revertir á Deputación os terreos cedidos en 2022


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O pleno municipal de Antas aprobará hoxe, xoves, revertir á Deputación os terreos cedidos en 2022, “xa que a situación económica non nos permite realizar a infraestrutura”

O Concello de Antas de Ulla vese obrigado á renunciar á posta en marcha dun polígono industrial “pola situación económica herdada do goberno local anterior”.

Consistorio de Antas de Ulla

A Deputación de Lugo aprobou no 2022 á cesión gratuíta ao Concello de Antas de Ulla duns terrenos destinados a un polígono industrial. A institución provincial vinculou a cesión á implantación do polígono industrial nun prazo máximo de 5 anos.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tras as eleccións do 2023, o novo goberno atopouse “cunha débeda de 1,5 millóns de euros, o que nos obriga a renunciar á posta en marcha do polígono, xa que o concello tiña de prazo ata o ano 2027 e a prioridade agora é manter os servizos públicos municipais”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Explica que "o anterior alcalde do PP de Antas de Ulla desviou os 816.000 euros de fondos europeos que o Concello obtivo para a reforma da Casa da Cultura ao pago de facturas; deixou 300.000 euros sen pagar correspondentes a sentenzas xudiciais, e 341.072 euros en impagos do subministro de enerxía, entre outras partidas. Puxémonos a traballar e xa reducimos a débeda en 170.000 euros, e a Casa da Cultura é unha realidade, pero proxectos como o do polígono son inviables a curto prazo, polo que revertiremos os terreos cedidos á Deputación de Lugo no pleno deste xoves”, engade a alcaldesa.


O Concello non descarta pedir no futuro de novo a cesión dos terreos á Deputación, unha vez que mellore a situación económica local.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page