top of page

O Concello de Antas de Ulla ten aberto o prazo de inscrición no seu Servizo de Madrugadores

Hai prazas limitadas e poden anotarse ata o 6 de setembro


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla informa do inicio do prazo de inscrición no seu Servizo de Madrugadores, dirixido a nenas e nenos que estudan no CEIP do municipio. O prazo para anotarse estará aberto dende hoxe, luns 26 de agosto, ata o día 6 de setembro. O servizo inclúe un almorzo saudable e desenvolverase nas aulas exteriores.

A inscrición poderá facerse nas oficinas do Concello, na súa páxina web, ou solicitando a documentación no enderezo de correo electrónico madrugadoresantasdeulla@gmail.com As prazas son limitadas, polo que dende o Concello pídese ás familias que realicen a inscrición da cativada no servizo o antes posible.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, destaca que "este servizo forma parte do conxunto de actividades que o Concello pon en marcha para favorecer a conciliación familiar e laboral". "Anunciaremos máis actividades neste sentido proximamente", engade a rexedora.



Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page