Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla remitiu un escrito á Deputación de Lugo para demandar colaboración e para que mostre a súa axuda aos concellos desta provincia para paliar a situación de seca.

O ESCRITO ÍNTEGRO:
Dada a actual situación de seca que se está a padecer en toda a provincia de Lugo, e tendo en conta que o ordenamento local foi situando ás Deputacións Provinciais como entidades supramunicipais ás que, ademais de recoñecerlles un ámbito de intereses propios, lles atribúe como misión fundamental a de garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipal, cun obxectivo primordial neste eido, como é o de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal.
Tendo en conta, así mesmo, que as competencias en materia de abastecemento de auga á poboación corresponden aos concellos, de conformidade co disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime, e que as Deputacións deben asumir, como finalidade institucional básica, ser o soporte da asistencia e cooperación cos Concellos (así se recolle na Declaración de Lugo da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares da FEMP do 7 de novembro de 2008) de cara a garantir a prestación integraldos servizos públicosde proximidade, que tan decisivamente determinan a calidadede vida dos cidadáns, desde o Concello de Antas de Ulla, SOLICITAMOS información á esa Deputación Provincial de Lugo, a fin de coñecer si ese organismo provincial, en resposta a esa ineludible misión de cooperación cos Concellos, conta con algún mecanismo de colaboración para axudar aos Concello da provincia ante esta dramática situación.
En caso de que así sexa, desde o Concello de Antas de Ulla, SOLICITAMOS a colaboración dese ente, mediante financiamento e/ou axudas para acometer as actuacións necesarias a fin de evitar chegar a un escenario de seca total en datas próximas.
En caso de que por esa Deputación Provincial de Lugo, non se estea a levar a cabo ningún tipo de actuación encamiñada a colaborarcos Concellos ante o actual escenario de escaseza de auga, e nalgún caso mesmo de seca, SOLICITAMOS, se articule, á maior brevidade, algún tipo de instrumento a fin de cooperar cos Concellos, ante a actual conxuntura, ao abeiro desa finalidade institucional básica da Deputación de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal.
Comments