top of page

O Concello de Antas de Ulla repartirá 1.320 euros en premios no seu concurso de disfraces

Organiza actividades para os días 19 e 21 deste mes


Laura Moure/Antas de Ulla

O Entroido celebrarase polos distintos rincóns, entre estes en Antas de Ulla. O Concello desta vila organiza varias iniciativas para os días 19 e 21 deste mes. Ademais, repartirá 1.320 euros en premios no seu concurso de disfraces.

O domingo día 19 terá lugar o Entroido dos nenos e nenas a partir das 16:00 horas na Praza Nova con desfile de disfraces e unha morea de actividades: casa de bolas, tobogán, pista americana, rocódromo, inchables, obradoiro de chapas e merendola con doces propios desta época.


O martes día 21 celebrarase a Festa de Entroido con premios para os mellores disfraces, nas categorías de individuais e parellas e de comparsas. Poden apreciarse na imaxe:


E por último, será a Festa de Entroido e desfile de disfraces a partir das 21:00 horas coa Charanga Era Visto.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Ide preparando as vosas máscaras que arranca o Entroido en Antas de UIla!", recalca o Concello.


Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page