top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Antas de Ulla remata os traballos de mantemento das 15 captacións de auga

Esta actuación mellorará o abastecemento


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla realizou durante as últimas semanas traballos de mantemento nas 15 captacións de auga que hai no municipio, co obxectivo de mellorar o servizo de abastecemento. En concreto, limpáronse as captacións para impulsar a cantidade de auga que chega aos depósitos que abastecen á poboación. Unha tarefa imprescindible para manter os manantiais e a entrada de auga aos depósitos de abastecemento en boas condicións.

“Desde o primeiro día, dixemos que a renovación e o correcto mantemento dos servizos e infraestruturas públicas serían unha prioridade de goberno”, asegura a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.


Publicidade

Tamén se acometeron melloras nos accesos ás captacións, xa que en moitos casos estaban completamente deteriorados, co obxectivo de realizar mellor as labores de seguemento e conservación, especialmente durante o verán e as primeiras semanas de outono, época de máxima escaseza de auga. “As traídas e abastecementos de auga son un servizo prioritaio que debemos conservar e manter en boas condicións”, engade García Porto.


Publicidade

Desde o Concello de Antas de Ulla, lémbrase aos veciños e veciñas a importancia de facer un consumo responsable de auga.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page