Leva a cabo a instalación do quinto contedor para os grandes xeradores de residuos orgánicos
Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla pon en marcha un novo programa de compostaxe orgánica coa instalación do quinto contedor para os grandes xeradores de residuos orgánicos (restauración, hostalería, comercios..) e vivendas. Poden facer uso del os grandes produtores e as vivendas que se atopen preto das rutas de recollida. Neste colector deben depositarse os restos de comida e restos vexetais de pequeno tamaño e pode usarse solicitando a chave no Concello.
"Durante estes meses faremos unha campaña de divulgación para achegar o quinto contedor aos grandes produtores e a cidadanía en xeral. Se tes dúbidas ou queres solicitar a túa chave podes facelo do seguinte xeito: chamando ao 982 379 251 ou enviando un correo electrónico a concello.antasdeulla@eidolocal.es .Aproveita a oportunidade e dálle unha nova vida aos teus residuos orgánicos!", sinala o Concello.
Comments