Para poder usar as instalacións é preciso reservar de xeito presencial no Bar Ulloa, onde tamén se recollerán as chaves
Laura Moure/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla pon a disposición dos veciños a pista de pádel, que se atopa detrás da nave de Vilane. Para poder usar as instalacións é preciso reservar de xeito presencial no Bar Ulloa, onde tamén se recollerán as chaves.

"Agradecemos a colaboración desinteresada do establecemento para poder ofertar un horario de uso amplo", indica o Concello. Quen tamén establece as seguintes normas de uso:
A duración dos partidos será de 90 minutos.
A pista pode reservarse de xeito presencial no Bar Ulloa onde se recollerán e se devolverán as chaves.
O teléfono de incidencias é o 982379251 ( en horario de 8:30 a 14:30 horas).
"Prégase o cumprimento do horario solicitado na reserva e o coidado das instalacións".
Comments