top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Antas de Ulla inicia unha campaña informativa para fomentar o comercio local

Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla inicia unha campaña informativa de apoio a todos os negocios, establecementos e comercios locais para axudar a incentivar o consumo. Baixo o lema Fai as túas compras no comercio local. Merca e consume en Antas de Ulla irá compartindo información e fotografías de todos os negocios e comercios que traballan no neste municipio.


"Ofrecerase información sobre os produtos que venden e os servizos que prestan, así como os seus horarios e forma de contacto", apunta o Concello. "Visitaremos todos os establecementos: bares, restaurantes, supermercados, tendas, comercios, farmacias, talleres, etcétera", engade.


Trátase dunha campaña informativa coa que o goberno local pretende apoiar aos empresarios e autónomos da localidade tan afectados como consecuencia da pandemia para que poidan reactivar as súas vendas e sexan sempre a primeira opción. "Grazas aos nenos e nenas que participan no Servizo de Madrugadores por axudarnos coa difusión desta campaña mediante a elaboración deste fermoso mural no que están representados algúns dos sectores económicos do Concello", agradece.

O mural feito polos nenos participantes no Servizo de Madrugadores.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page