top of page

O Concello de Antas de Ulla dá comezo á 'Operación Xoguetes'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

É a súa campaña de Nadal de recollida solidaria de xoguetes en desuso para doalos a familias desfavorecidas


Laura Moure/Antas de Ulla

Son múltiples as iniciativas solidarias que xorden nesta época do ano. Sen ir máis lonxe, o

Concello de Antas de Ulla dá comezo á 'Operación Xoguetes', a súa campaña de Nadal de recollida solidaria de xoguetes en desuso para doalos a familias desfavorecidas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Pódense doar xoguetes, quebracabezas, xogos de mesa e libros, sempre en bo estado, na Casa do Concello no CEIP Plurilingüe Antas de Ulla e na Biblioteca Municipal.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

As familias que o precisen poderán recollelos o venres 5 de xaneiro na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, sinala que esta é “unha boa oportunidade de doar eses xoguetes que xa non se usan, aproveitando a época do Nadal para facer unha acción altruísta que pode axudar a moitas familias”.




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page