Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla vén de rematar as obras de mellora do firme na rede viaria municipal de diferentes treitos, "unhas obras verdadeiramente necesarias atendendo ao estado no que se atopaban as vías e que redundarán nunha maior seguridade tanto para os condutores como para os viandantes", tal e como sinala o Concello.
En concreto, melloráronse as seguintes vías municipais: Vilane, Castro, Feás, Castrillón, Vilapoupre, Cibreiro e no firme de Alvidrón a Portocarreiro.
Comments