top of page

O Concello de Antas convoca unha concentración para esixir que se cubra a praza do médico xubilado

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será o mércores día 10 diante do centro de saúde


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, asina un bando no que informa de que o pasado venres, día 21 de xuño, “púxenme en contacto co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para que cubra a praza do médico xubilado, así como para que nos informara da construción do novo centro de saúde comprometido pola Xunta de Galicia”.

“Non recibindo resposta á miña carta, véxome na obriga de convocar a todos os veciños e veciñas do Concello de Antas de Ulla á unha concentración diante do centro médico o vindeiro mércores 10 de xullo, ás 12 horas para que simbolicamente se entenda a necesidade de cubrir a vacante por xubilación dun médico xa que coa saúde non se pode xogar!”, sostén.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Na carta, a alcaldesa demándalle ao conselleiro, Antonio Gómez Caamaño, “a súa urxente intervención nun asunto de vital importancia”.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

"A ausencia dun profesional sanitario está a xerar serias dificultades para prestar a atención médica necesaria, especialmente aos nosos maiores, que requiren unha atención constante e especializada", engade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page