top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Concello de Antas adquire o cuartel da Garda Civil e dótao para o uso social e servizos municipais

Xa acondicionou unha das alas do inmoble, onde está a día de hoxe a biblioteca


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla xa rematou a primeira fase da mellora da antiga Casa Cuartel da Garda Civil, tras pechar a súa compra co Ministerio do Interior. O precio da adquisición foi de 78.000 euros, que o Concello poderá pagar en dez anos. “Gañamos un novo inmoble para uso municipal e social e dámoslle vida a un edificio de referencia no concello”, sostén a alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto.

En concreto, a antiga casa cuartel terá locais para as asociacións culturais do concello e unha zona para servizos municipais, con espazos para a organización de actividades, cursos e charlas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

O Concello xa acondicionou unha das alas do inmoble, onde está a día de hoxe a biblioteca, despois de levar a cabo as reformas eléctricas necesarias e a instalación de calefacción nas zonas de usos comúns.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O inmoble ten xa tamén Internet e as melloras continuarán nos próximos meses, incluíndo o acondicionamento do xardín e a parcela que rodea a edificación. “Esta reforma coincide coa renovación integral da casa da cultura, dúas instalacións que revitalizarán a vida social, cultural e asociativa de Antas de Ulla nos próximos anos”, engade García Porto.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page