top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Agolada traballa na programación da XXIV Mostra de Artesanía que será o 11 e 12

Xa hai unha vintena de artesáns anotados e o prazo sigue aberto


Ecos da Comarca/Agolada

O departamento de Cultura do Concello de Agolada, dirixido pola concelleira Concepción Carballal, traballa na programación da XXIV Mostra de Artesanía, contando co papel tan importante da animadora sociocultural, Inma Galego, a quen este evento lle debe tanto.

Este ano, debido á pandemia, o Concello decidiu reducila a dous días. Será o 11 e 12 de agosto, coincidindo coma sempre coa tradicional feira do doce, sendo a de agosto a máis concorrida pola presenza de veraneantes na zona.


Os artesáns xa se poden anotar e a día de hoxe xa hai algo máis dunha vintena, como indica Inma Galego. Os interesados en asistir deben chamar ao 619 267 783 (Inma).


A mostra completarase cunha programación variada con música, showcookings, maxia, contacontos...


Unha artesá en Agolada.

Autor: Xunta.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page