top of page

O Concello de Agolada ten aberto o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada xa ten aberto o prazo ata o 22 de xuño incluído para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán. Os interesados poden presentar a solicitude no Consistorio ou a través da sede electrónica do Concello.

O lugar da ubicación da fogueira non suporá risco para persoas nin bens e deberá estar

aloxada de edificacións. As dimensións máximas serán de tres metros de alto e catro de ancho e de fondo. Será obrigatorio dispoñer previamente dun entorno limpo de calquera elemento nun perímetro de cinco metros no entorno da fogueira. Deberá contar dende o seu inicio e ate o remate coa presenza dalgún medio de extinción propio próximo e listo para ser activado de xeito urxente en caso necesario: mangueiras con conexión a subministro de auga, cubas de tractor con auga, area e pas...


Así mesmo, deberase extremar as precaucións en caso de vento e o solicitante do permiso deberá atender calquera comunicación dende a Administración debendo estar localizable na data da fogueira a través do número de teléfono aportado na solicitude.

Ao remate da cacharela, que deberá ser en todo caso antes das 6:00 horas, o demandante non poderá abandonar o lugar da celebración da mesma ata estar completamente sufocado o lume e as brasas, asegurándose de que non queden rescoldos nin restos de brasas subterráneos que afecten ou poidan supoñer o reinicio do lume.


Pola súa banda, as zonas públicas onde se celebren ditas fogueiras deberán quedar en

perfecto estado de limpeza nun prazo non superior ás 24 horas dende o remate da celebración.


E por último, recalcar que está totalmente prohibido arroxar ao lume obxectos ou materiais inflamables ou os seus contedores (sprais, gasolinas, disolventes ou similares). Os interesados poden presentar a solicitude no Consistorio de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ou pola sede electrónica do Concello a través dunha instancia xeral (https://agolada.sedelectronica.gal/ ). (O formulario da solicitude poden descargalo na web do municipio http://agolada.es/ ou nas redes sociais do Concello ).

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page