top of page

O Concello de Agolada reformará un lavadoiro en Ventosa por un importe de 14.285 euros

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Recibiu para tal fin unha axuda de 10.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada levará a cabo unha actuación de mellora dun lavadoiro da parroquia de Ventosa. Para tal fin recibiu unha axuda de 10.000 euros do Instituto de Estudos do Territorio, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O coste total da obra é de 14.285 euros, asumindo a cantidade restante o Concello.


Este lavadoiro está situado entre os lugares de Cartimil e Laxe. A actuación consiste no desbroce e limpeza do perímetro do lavadoiro, limpeza da pedra e repaso das xuntas, substitución de tuberías e arranxo de canos, revestido con pedra similar nas zonas

enfoscadas, colocación dunha porta de entrada en madeira de castaño, revestido interior do teito con madeira tamén de castaño e execución de cuberta a dúas augas de madeira. Deberá estar finalizado antes de que remate o ano.

O lavadoiro de Ventosa no que actuará.

Esta axudas da Xunta, como a outorgada a Agolada, están dirixidas a actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinada a concellos de Galicia e xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio.


Cabe mencionar que o equipo de goberno do PAYJ está apostando polo arranxo de lavadoiros nas distintas aldeas. Nos últimos meses xa actuou empregando fondos propios no do lugar de Sobrado, na parroquia de Brántega; en tres en Borraxeiros (un en Cristín e dous no Quinteiro), noutro en A Vila Grande (Merlín) e por último, nun de Astrar (Santa Comba).

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page