top of page

O Concello de Agolada propón unha acampada de fin de semana na área recreativa de Carmoega

É unha actividade gratuíta que está dirixida a cativos de entre 8 e 14 anos


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada propón unha acampada de fin de semana na área recreativa de Carmoega. É unha actividade gratuíta que está dirixida a cativos de entre 8 e 14 anos e que será levada a cabo pola empresa Enrédate. Terá lugar os días 9,10 e 11 de agosto. É necesario inscribirse no Concello.

O grupo mínimo de participantes será oito e o máximo, 12. A actividade comezará o venres 9 coa chegada ás 20 horas a Carmoega para montar as tendas de campaña e preparar a cea. Continuará o día 10 co almorzo e xogos variados ás 9:30 horas. Ás 11 horas visitarán a praia fluvial de Vilatuxe, onde xantarán.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Xa pola tarde, realizarán actividades de escalada, espeoloxía... E a cea está prevista para as 20:30 horas. E sobre ás 22 horas desfrutarán dunha velada no observatorio de estrelas en Forcarei e dende alí volverán a Carmoega para durmir.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Por último, o domingo ás 12 horas será a recollida dos participantes en Carmoega. Os interesados poden obter máis información a través do 627 80 84 61 (Manuel Enrédate).

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page