Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Agolada pedirá responsabilidades polo estado do auditorio e de farolas do casco urbano

Algunhas das luminarias da Avenida do Ayuntamiento teñen o cableado por fóra supoñendo un grave perigo para a poboación


Ecos da Comarca/Agolada

O equipo de goberno do PAYJ de Agolada pedirá responsabilidades pola situación na que se atoparon o auditorio municipal Manuel Costa Casares así como as farolas da Avenida do Ayuntamiento. O auditorio presenta humidades e goteiras, ademais das barreiras arquitectónicas, e hai luminarias con cableado por fóra.


“Non se entende que alguén chegase a recepcionar unha obra tan importante para Agolada en 2017, como o auditorio, tendo barreiras arquitectónicas”, sinala o alcalde, Luis Calvo. Ademais, o mandatario lamenta as deficiencias que presenta. “Porque en poucos anos son visibles as humidades nas paredes, así como as goteiras, nas que se aprecian charcos de auga no chan que hai que ir con cubo e fregona”, sinala. Os técnicos municipais xa están preparando informes e Calvo anuncia que se procederá a levantar acta notarial para pedir responsabilidades a quen corresponda.

Pedro García e Calvo supervisando as humidades e as goteiras no auditorio.

Tamén este xoves se levantou acta notarial do estado que presentan algunhas luminarias na Avenida do Ayuntamiento. Tal e como sinalan o rexedor e o concelleiro de Obras, Pedro García, estas son un gran perigo para a poboación. “Alguhas delas teñen o cableado á vista o que supón un gran risco e outras carecen de cable”, afirma o edil.

Unha das farolas.


81 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE