top of page

O Concello de Agolada organiza unha xuntanza de maiores para o día 10 de xuño

A xornada está dirixida aos residentes no municipio e será gratuíta, pero teñen que anotarse antes do día 9


Laura Moure/Agolada

O vindeiro venres, 10 de xuño, terá lugar unha xuntanza de maiores en Agolada organizada polo Concello. Será no pavillón municipal con comida ao mediodía e con música en directo. Desta maneira, o Concello recupera esta cita tradicional que debido ao coronavirus non se puido celebrar nos últimos anos.

“O equipo de goberno de Agolada séntese feliz de volver a recuperar esta cita tan importante: unha xuntanza para reencontrarnos todos de novo e poder rememorar vellos tempos desfrutando así dunha xornada en boa compañía”, indica o alcalde do municipio, Luis Calvo.

A comida comezará ás dúas da tarde e será no pavillón municipal. Despois, haberá

música en directo con Suso de Boente. O coste da xornada será asumida polo Concello,

pero os asistentes deberán anotarse previamente. Poden facelo no Consistorio ou

chamando ao 637 092 846 ou 986 788 062, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas. O prazo rematará o día 8 de xuño. O Concello enviará unha carta a cada

domicilio.


Inscrición mostra de artesanía

Por outra banda, está aberto o prazo de inscrición para os artesáns que queiran asistir

á XXV Mostra de Artesanía, que se celebrará o 11 e 12 de agosto. Os interesados

deberán chamar canto antes ao Concello (986788062 extensión 3002) ou enviar un

correo a prensagolada@agolada.es O prazo rematará o 23 de xuño e hai prazas

limitadas. Terase en conta a orde de inscrición.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page