O Concello de Agolada organiza un magosto para este sábado, 30 de outubro
- Laura Moure

- 27 oct 2021
- 1 Min. de lectura
Será no pavillón municipal e haberá degustación de castañas e torresmos
Laura Moure/Agolada
O Concello de Agolada retomará a celebración do magosto, tras meses de pandemia. A cita será este sábado, 30 de outubro, no pavillón municipal a partir das 21:30 horas.

Os asistentes poderán degustar o produto estrela desta festa, a castaña, ademais de torresmos. “Debemos volver pouco a pouco a normalidade e non se poden perder as tradicións, como son os magostos”, sinala o alcalde do municipio, Luis Calvo.
A xornada festiva estará amenizada pola música da artista lucense Verónica Cambón. Ela participou no 2016 na sección Recanteiros do programa Luar da Televisión de Galicia, quedando semifinalista. Conta xa cunha longa traxectoria no mundo da música e gravou o seu primeiro disco, que leva por título Que viva a verbena e que foi producido por Félix Cebreiro (Quela Récords).
Por suposto, cumpriranse todas as medidas de loita contra a Covid-19 porque o Concello é consciente de que debemos seguir coidándonos.






Comentarios