O prazo para anotarse xa está aberto e finaliza o 26 de xuño
Laura Moure/Agolada
O Concello de Agolada organiza un campamento de verán que terá lugar por quincenas en xullo e agosto cun máximo de 20 cativos en cada unha delas. A iniciativa está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. As sesións serán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas a cargo da empresa Enrédate.
A primeira quincena será do 1 ao 16 de xullo; a segunda, do 17 ao 31 , agás o día 25 por ser festivo; a terceira do 1 de agosto ao 14 de agosto e a última, do 16 ao 30 de agosto. E para que se imparta o campamento en cada quincena, ten que haber como mínimo a metade das prazas ofertadas.
Publicidade
O prazo para anotarse será do 13 ao 26 de xuño incluídos e terán preferencia os empadroados no municipio e despois terase en conta a orde de inscrición. Esta farase por rexistro de entrada no Concello de maneira presencial, de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas, ou a través da sede electrónica do Concello (https://agolada.sedelectronica.gal/) Non se admitirán as solicitudes por correo electrónico nin fóra de prazo.
Prezos
Unha parte da totalidade do prezo do campamento será asumirá polo Concello, pero outra ten que ser abonada polos participantes. Desta maneira, os empadroados no municipio de Agolada pagarán por cada quincena 40 euros. Mentres, para os non empadroados neste concello o prezo será de 80 euros por cativo por cada quincena, xa que asumirán o custo total do servizo. O ingreso deberá facerse unha vez que se lles comuniquen que son admitidos e xa se lle achegará o número de conta. Pero é necesario entregar a documentación completa: foto carné do cativo, fotocopia tarxeta sanitaria, fotocopia do DNI do solicitante (pain/nai/tutor).
Publicidade
De haber máis solicitudes que prazas, terase en conta os nenos empadronados e os criterios da resolución do 20 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioG0656-200423-0005_gl.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR2tcDuLAdkrfA4efCsXbH6BM3Nnr4y17hymK1_NPf1jp26sMO-Akl6pIxA_aem_ZmFrZWR1bW15MTZieXRlcw
Comments