Considera que o actual “presenta un estado lamentable con materiais de dubidosa calidade” o que está provocando continuas avarías
Ecos da Comarca/Agolada
O equipo de goberno de Agolada estase atopando con diversas deficiencias nos servizos, entre eles a traída de auga do casco urbano. Cada dous por tres os operarios municipais teñen que arranxar a rotura de tubarias.
A última produciuse este mércores na Travesía San Pedro. A actuación para solucionar
esta avaría estivo supervisada polo concelleiro de Obras, Pedro García.
Operarios municipais e García, na avaría deste mércores.
“O estado da traída do casco urbano é lamentable e os materias empregados para a
súa construción son de dubidosa calidade”, considera o alcalde Luis Calvo. “Faremos
unha nova traída en condicións”, avanza.
A avería deste mércores.
Comments