Ecos da Comarca/Agolada
O Concello de Agolada lamenta os danos provocados polos vándalos nas últimas horas nas instalacións das piscinas municipais de Agolada. Esta mércores o concelleiro de Obras, Pedro García, atopouse cunha parte da valla de separación das piscinas dobrada e algunhas baldosas rotas.
Ademais, ese mesmo día apareceu un flotador colocado na parte superior da fonte da Praza do Concello. “Lamentamos estes destrozos e os autores teñen que darse de conta de que estes comportamentos incívicos aféctanos a todos, porque as instalacións públicas son dos veciños”, recalca o alcalde do municipio, Luis Calvo.
Reunión para constituír a ANPA
Por outra banda, o Auditorio Municipal Manuel Costa Casares de Agolada acollerá este sábado, día 18, unha reunión dirixida ás familias do alumnado matriculado no CEIP de Agolada. Terá lugar ás 20:30 horas.
Na orde do día abordarase a constitución da Asociación de Nais e Pais dos Alumnos. “O que intentamos é involucrar ao maior número de pais, xa que actualmente non existe ANPA
do CEIP de Agolada, xa que a anterior foi dada de baixa xa hai anos pola última directiva”,
indica unhas das nais.
Os interesados poden obter máis información nos seguintes teléfonos 635 769 283 (Ana) e 659 906 594 (Mónica).