O Concello de Agolada estrea páxina web
- ecosdacomarca
- 18 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada lanzou o pasado xoves a súa nova páxina web. Esta nova é moito máis intuitiva, funcional, dinámica e é de fácil navegación. O Concello levaba meses traballando nela para poder poñela en marcha e continuará ampliando e profundizando no contido, porque ten claro que as webs son os mellores escaparates para darse a coñecer e promocionar os seus atractivos.
A web mostra distintas seccións, como as destinadas ás novas e axenda para coñecer os últimos acontecementos do municipio, así como para saber dos eventos que terán lugar. Así mesmo, destaca que cada parroquia está identificada ca imaxe da súa igrexa e tamén hai un apartado diferenciador para todo o relacionado con turismo.
Poden consultala no seguinte enlace: agolada.es
Comments