Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Agolada e a Asociación Down Lugo asinan un convenio para a inserción laboral

Luis Cristóbal Sarandeses Galego traballa no Consistorio desde principios de maio


Laura Moure/Agolada

Este venres o Concello de Agolada e a Asociación Down Lugo asinaron un convenio de colaboración. O obxecto desta acción é facilitar o proceso de inserción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual do Servizo Emprego con Apoio, que desenvolve a entidade Down Lugo dentro da empresa Concello de Agolada. Neste caso, trátase da incorporación ao mercado laboral de Luis Cristóbal Sarandeses Galego. Na sinatura estiveron presentes o alcalde do municipio, Luis Calvo, Luis Cristóbal Sarandeses e Sarai Lodeiro, técnico de Emprego, da Asociación Down Lugo.


“Gustaríanos destacar que a colaboración entre o Concello e Down Lugo é dende 2014, cando se contratou por primeira vez a Luis Cristóbal. Agolada sempre foi un exemplo de como as administracións deberían ser as primeiras en contribuír á inclusión social das persoas coa Síndrome de Down e/ou outras discapacidades intelectuais”, indican desde esta asociación.


Luis Cristóbal Sarandeses Galego, de 29 anos e natural do Barrio do Carme, na parroquia de Borraxeiros, empezou a traballar, deste volta, este mes de maio, e desempeñará nesta ocasión o posto de pegador de carteis durante tres meses.

Luis Sarandeses, Luis Calvo e Sarai Lodeiro tras a sinatura do convenio.


266 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE