Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

O Concello de Agolada conmemora o Día do Libro este domingo cun contacontos a cargo de Caxoto

A actividade será gratuíta, pero debido á pandemia, é necesario anotarse


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada celebrará o Día do Libro este domingo. O Auditorio Municipal Manuel Costa Casares acollerá, as 17:00 horas, un contacontos a cargo de Caxoto baixo o título Un libro baixo a almofada.


A actividade, pensada para os máis pequenos da casa, é gratuíta, pero debido á situación de pandemia o aforo é reducido para cumprir todas as medidas. Por este motivo, os interesados en asistir deberán anotarse previamente a través do teléfono 637 092 846. E poderán facelo ata o sábado, 24, ás 16:00 horas.


Contacontos quítalle o po a todos os libros que integran o seu repertorio para poñelos á disposición do público. Os espectadores serán quen escollan os libros para contar mediante un proceso asembleario e democrático, no que o propio narrador non terá voz nin voto. Contos propios, contos clásicos, contos musicados e cantados, contos a medio construír que o público debe finalizar... Todo un salto mortal con tirabuzón que en cada ocasión converterase nunha viaxe distinta desde a imaxinación de cada un ata os libros.


Biografía

A Felipe Díaz coñéceno todos como Caxoto e naceu na Mariña Lucense. É narrador oral desde o ano 2004. Nos seus espectáculos prima a palabra contada, pero tamén están compostos por cancións, música (acordeón, ukelele, gaita, frauta, percusións…) ou outras habilidades como a papiroflexia, o baile rexional, etc. O seu relato está formado polo relato tradicional, literario, histórico, por historias de vida e por contos propios.


50 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE