top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Agolada concederá unha subvención nominativa de 5.000 euros á ANPA do CEIP de Agolada

A asociación enviou unha proposta de actividades extraescolares ao alumnado para determinar cales se organizarán


Ecos da Comarca/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, e a concelleira de Educación, Concepción Carballal, mantiveron o xoves pola tarde unha reunión coa nova directiva da ANPA do CEIP de Agolada para mostrar todo apoio e colaboración a este colectivo.

Cabe mencionar que as eleccións celebráronse o pasado 2 de outubro e presentouse unha única candidatura. A formada por Mónica Negro García como presidenta, Paula Coego Montoto, vicepresidenta; Ana Belén Blanco Cordido como secretaria mentres que ocupa o posto de tesoreira Ana Coego Pampín e como vogais figuran Raquel Sánchez Rivas, Margarita Varela Iglesias e Teresa Tarrío Lamas.


O equipo de goberno mostroulle todo o seu apoio. “Queremos colaborar con elas ao 100%”, recalca o mandatario, Luis Calvo, quen agradece a implicación destas nais na

educación dos seus fillos e tamén no ben común do centro educativo da localidade. Será a propia ANPA quen se encargue de organizar as actividades extraescolares, pero contará con todo o apoio do Concello. Desta maneira, o rexedor xa lles trasladou a súa intención de concederlle unha subvención de 5.000 euros prevista nominativamente no orzamento do vindeiro ano.


Pola súa banda, a ANPA xa enviou en días pasados ao alumnado unha proposta de distintas actividades extraescolares para coñecer de primeira man en cales hai máis interese para despois poder levalas a cabo, tal e como indica a presidenta, Mónica Negro.

0 comentarios

Bình luận


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page