top of page

O Concello de Agolada aposta por recuperar as presas, que moitas delas están sepultadas pola maleza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Xa actuou en dúas na parroquia de Trabancas e tamén no rego xunto ao lavadoiro do casco urbano


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada decide apostar pola recuperación das presas e antigos regos que pasan por diferentes puntos do municipio e que moitos deles se atopan sepultados pola maleza. Por iso, os operarios municipais están levando a cabo a limpeza deles.


Tal e como informa o edil de Obras, Pedro García, nos últimos días procedeuse a limpar dúas presas na parroquia de Trabancas, unha no lugar de Val e outra, en Trascastro. Ademais, tamén actuaron no rego que hai xunto ao lavadoiro do casco urbano de Agolada, sito na estrada de Couso. Os operarios primeiramente procederon a desbrozar toda a zona, para despois poder limpalos e agora xa se pode ver como flúe a auga.


“Estas presas e regos antigos estaban cheos de maleza e procedemos a limpalos porque queremos facer un rural moderno, pero sen perder a nosa esencia. Así que queremos recuperar todo aquilo que xa forma parte do noso Patrimonio”, sinala o alcalde, Luis Calvo. “Cada detalle é importante”, engade.


Esta actuación levarase a cabo nas distintas parroquias do municipio.

O estado que presenta na actualidade a presa de Val, en Trabancas, e antes cando estaba sepultada pola maleza.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page