top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Agolada adquire dous novos vehículos municipais con fondos propios

Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada acaba de incorporar dous novos vehículos á flota municipal con fondos propios. Estas dúas furgonetas serán usadas sobre todo polos traballadores dos departamentos de Obras e de Servizos Sociais. “A adquisición destas dúas furgonetas foi posible gracias ao plan de aforro que estamos facendo durante esta lexislación”, apunta o alcalde do municipio, Luis Calvo. Estes vehículos eran moi necesarios porque agora o persoal de Obras traballa de forma máis repartida (e non todos no mesmo sitio) para poder avanzar en máis lugares e tamén era fundamental para as responsables de Servizos Sociais para que poidan ter un vehículo propio para trasladarse aos domicilios a atender as necesidades dos dependentes.


O dono da empresa de vehículos, Juan Méndez, fixo entrega dos automóbiles ao alcalde do municipio, Luis Calvo, e ao concelleiro de Obras, Pedro García.

Calvo, Méndez e García xunto aos dous novos vehículos.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page